Comadres das Letras
Comadres das Letras | |
---|---|
Tipo | organización |
Data de fundación | 2022 |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Comadres das Letras é un colectivo de escrita feita por mulleres en clave feminista, que xorde no 2022 en Santiago de Compostela. O grupo constitúese ao abeiro de dous obradoiros literarios dirixidos por Eli Ríos e organizados pola AELG en colaboración co concello de Santiago.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Tanto o primeiro deles ("As mulleres na literatura do cotián"), que se desenvolveu no outono do 2021, como o segundo ("As mulleres no metaverso da literatura"), que tivo lugar un ano despois, utilizaron como espazo de encontro a casa de Jimena e Elisa Fernández de la Vega, en Casas Reais.
Na actualidade as Comadres das Letras continúan coa súa actividade en Lila de Lilith, Libraría de Mulleres.
Este colectivo propúxolle á RAG unha ampliación da definición de 'comadre'[2] no seu dicionario, reivindicando que máis aló das acepcións recollidas (parentesco en relación co amadriñamento de descendentes), 'comadre' era unha denominación popular para as parteiras e emprégase con frecuencia en toda a xeografía galega en referencia á rede de apoio que se establece entre mulleres.
Malia que non se incorporara aínda este significado no dicionario, esta foi a definición[3] empregada no Portal das Palabras á hora das votacións para establecer o termo máis significativo do ano. Grazas á proposta deste grupo de mulleres,[4] á súa difusión masiva na rede e aos numerosos apoios recibidos, "comadre" foi elixida palabra do ano.[5]
En 2022, as Comadres das Letras contribuíron á web Compostela Literaria con varias microficcións[6] ambientadas nesta cidade que pertence á súa rede de afectos.
En xuño de 2023, presentaron na SELIC[7] o seu libro[8] colectivo Contármonos,[9] editado por Alvarellos.
A publicación desta obra e a súa participación en varios recitais dende maio do 2023 quedaron rexistradas en dúas entrevistas radiofónicas, unha en Hoy por hoy Santiago da Cadena Ser (o 17 de xullo) e outra no Diario cultural da Radio Galega (o18 de xullo).
As Comadres das Letras participaron na homenaxe a Aurora Marco organizada por A Sega en Ribeira, o 15 de agosto do 2023 para conmemorar o X Día das Galegas nas Letras, dedicado a esta investigadora.
A presentación de Contármonos na Coruña tivo lugar na Asociación Cultural Alexandre Bóveda, en outubro de 2023 e tivo como presentadora a Beatriz Maceda[10].
Ademais de continuar coas presentacións do libro e os recitais, este colectivo formou parte da programación de actividades en relación coa conmemoración do 25N no IES O Carril e mantivo en xaneiro de 2024 un encontro coas persoas participantes na aula de adultos da biblioteca Ánxel Casal.
En marzo de 2024 a RAG deu resposta á demanda das Comadres das Letras ao incorporar no seu dicionario unha terceira acepción do termo comadre que vai máis aló do feito mesmo do amadriñamento de nenos, pois atende á relación de confianza e apoio mutuo entre mulleres.[11]
Participaron coa ponencia "Acercamiento al feminismo desde la literatura" nas IV Jornadas Aprendiendo feminismo: Despatriarcalizando la sociedad[12], organizadas por la UNED y celebradas en Lugo a principios de abril de 2024.
Este colectivo foi finalista na modalidade de Promoción da Lectura nos Premios Follas Novas 2023.
Integrantes
[editar | editar a fonte]Forman parte do colectivo Ana Lorenzo, Beatriz Guerra, Carmen Villar,[13] Chus Prol,[14] Eva Teixeiro,[15][16] Flora Miranda,[17] Isabel Cribeiro, Lorena Gómez Calvo, Marga C. Castro, María Álvarez Landesa,[18][19] Marta Abal Vaquero, M. C. García[20], Monti e Nela Valado; Marisa de Corme, Ana Barja e Xulia Crego.
Notas1
[editar | editar a fonte]- ↑ "Escola de Escritoræs. Obradoiro de creación literaria As mulleres no metaverso da literatura, con Eli Ríos, en Compostela". AELG. Consultado o 2023-02-24.
- ↑ González, Montse (2022-12-17). "Vai de comadres". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-03-09.
- ↑ "Estas son as seis candidatas a ser 'A Palabra do Ano 2022'". Galicia Confidencial. Consultado o 2023-03-19.
- ↑ Álvarez Landesa, María (2022-12-16). "Comadre: unha palabra para contarnos". Praza.gal. Consultado o 2023-03-09.
- ↑ "Comadre, Palabra do Ano 2022". Portal das Palabras. 27 de decembro de 2022.
- ↑ "Microficcións". Compostela Literaria.
- ↑ "SELIC. FESTIVAL DA LECTURA 2023 | Compostela Cultura". www.compostelacultura.gal. Consultado o 2023-06-30.
- ↑ Mato, Mar (2023-06-15). "As Comadres das Letras publican libro". Faro de Vigo. Consultado o 2023-06-30.
- ↑ "Contármonos". Alvarellos Editora. Consultado o 2023-06-30.
- ↑ O blog da AELG (2023-11-20). "'"Contármonos", na Coruña', por Beatriz Maceda Abeleira". Nós Diario. Consultado o 2023-12-27.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para comadre.
- ↑ "As Comadres das Letras participan nun encontro feminista organizado pola UNED en Lugo". Cadena Ser, Radio Lugo, Hoy por hoy. Consultado o 10/4/2024.
- ↑ Villar, Carmen (2022-12-29). "Comadres que topei sachando letras". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-03-09.
- ↑ SER, Cadena. "Hoy por Hoy Santiago, 12:27 - 17/07/2023 | Radio Galicia". cadena SER (en gal). Consultado o 2023-07-18.
- ↑ González, Montse (2022-12-28). "Comadre, elixida a Palabra do Ano 2022". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-03-09.
- ↑ "Diario Cultural do día 18/07/2023 | CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-07-18.
- ↑ "Flora Miranda: "Comadre simboliza afecto entre mulleres, sororidade e camaradaría"". Nós Diario. 2023-01-11. Consultado o 2023-03-09.
- ↑ "La Ventana de Galicia, 19:20 - 28/12/2022 | Radio Galicia". Cadena SER (en gal). Consultado o 2023-03-09.
- ↑ "A palabra do Ano 2022 é "comadre" | Onda Cero Radio". Onda Cero (en gal). 2022-12-29. Consultado o 2023-03-09.
- ↑ "https://twitter.com/diariocultural_/status/1713958859864187380?s=48&t=LwlYCcE3k7hASIUAWpJFXQ". X (formerly Twitter). Consultado o 2023-10-21. Ligazón externa en
|title=
(Axuda)